Recursos
materiais necesarios
Aquí temos que mencionar por un lado os recursos e materiais de información: folletos, cartas aos
pais, rexistros, entrevistas, calendarios da entrada gradual,…. e os recursos da
aula: materiais específicos de cada recuncho e os materiais empregados nas
actividades e xogos.
Todos os
materiais que se encontran dentro das zonas establecidas na aula (bloques de
madeira, contos, alfombra, puzzles,…), así como aqueles empregados nos xogos e
actividades (cartulinas, pintura de dedos, cores, folios, imaxes, fotos, cd,
televisión,…) deben ter as seguintes
características: ser seguros, resistentes, duradeiros, facilmente lavables e
hixiénicos, de fácil manexo e utilización autónoma por parte do/a neno/a, ser
axeitados para nenos/as de 1 a 2 anos, cubrir os obxectivos educativos
propostos, ser atractivos, de diferentes texturas, tamaños, cores, ter sons,..
Tamén
debe cumprir unha serie de valores:
Funcional (cumprir diversas funcións).
Experiencial (ofrecer diferentes experiencias e
posibilidades de acción).
De estruturación (servir para estruturar e organizar o
coñecemento do/a neno/a).
De relación (ofrecer a posibilidade de establecer
relacións afectivas co material, con outros/as nenos/as e cos adultos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario