Cando nos puxemos a organizar os espazos na Escola
pensamos o importante que era ter en conta as características e necesidades xerais
dos/as nenos/as:
ü
Afectivas: creando espazos que sirvan de puntos de
referencia, íntimos, cómodos, agradables e acolledores para darlles seguridade
e estabilidade.
ü
As
de movemento: con espazos libres para poder desprazarse e desenrolar as
destrezas motrices.
ü
As
cognitivas e comunicativas: con elementos e obxectos decorativos, divertidos e
alegres, de cores vivos e diferentes, que faciliten a comunicación e a
aprendizaxe, a actividade experimental e
de exploración, a autonomía, a capacidade imaxinativa e a creatividade.
…..e por suposto non nos esquecemos daquelas
características e necesidades particulares de cada pequeno/a.
¿ Queredes saber os recunchos cos que conta a vosa aula?
Pois atentos/as porque aquí están:
ü
Recuncho de lectura
ü
Recuncho do movemento
ü
Recuncho do xogo simbólico
ü
Recuncho de manipulación e exploración
ü
Recuncho de aseos e cambio de cueiro
A distribución que establecemos
por zonas ou recunchos, axuda a impoñer xa dende un comezo os primeiros límites
de forma sutil e lóxica. A disciplina irase convertendo en autodisciplina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario