O meu primeiro día
Houbo e haberá moitos primeiros días ó
longo da nosa vida; no cole, no instituto, na facultade, no traballo, na
relación cun novo grupo de amigos,…e en todos buscamos sentirnos acollidos,
queridos e integrados para poder desenvolvernos e medrar.
Detalles mais,
detalles menos, a maioría recordamos a nosa primeira vez no “cole”: por imaxes,
palabras, situacións gardadas na nosa memoria, anécdotas que nos relatan nosos
pais; choros, abrazos, medos, extrañeza, desconfianzas,…,pero tamén sorpresa,
risas, novidade, xogos, iguais para xogar,….
Tendo en conta as
nosas experiencias, e todo o que vamos aprendendo e asimilando sobre as
necesidades, reaccións e características dos/as nenos/as, dos/as educadores/as
e dos/as familiares, procuraremos que a entrada á nosa Escola Infantil atenda
de forma eficaz todos os aspectos posibles, para que
“Ir ó cole” se faga cun sorriso.
O primeiro é ter presente que
o inicio na Escola infantil supón cambios
tanto para para os/as nenos/as (
un novo horario, espazos descoñecidos e que non dan seguridade, saír do seu
entorno e afectos, separarse de persoas significativas, coñecer a outros
adultos e a outros iguais e relacionarse por imposición con outros nenos e
nenas) como para os pais (a separación do seu fillo/a, o compartir a educación
do seu fillo cunha persoa descoñecida e a adaptación a una nova situación na
súa vida). Por elo dende a Escola queremos que todos eses cambios teñan lugar
de forma paulatina e agradable e que dean lugar a sensación de seguridade e de
tranquilidade, que os cambios se vexan como positivos por parte de todos/as os
participantes nesta nova etapa.
Para comezar con
bo pé, aquí tedes un primeiro contacto, que axudará a que no momento en que vos
unades á nosa gran familia, non se vos faga tan raro camiñar ó noso carón.
Esto é só un plano, é impresionante ver as CORES, as TEXTURAS, as aulas, os materiais,
os XOGUETES,o persoal, … ..todo está mimado e organizado con detalle.
Período de adaptación de 1 a 2 anos
Os obxectivos principais que vamos a perseguir son:
Favorecer a adaptación do neno/a ao novo contexto dun modo positivo, creando un clima de seguridade e afecto que facilite o seu desenrolo.
Favorecer a interrelación entre os nenos/as de forma paulatina e sen conflictos.
Posibilitar a interacción e o intercambio de información entre os diferentes elementos persoais que interveñen no proceso educativo.
O seguinte paso, será a programación dun día para reunirnos todos, de forma máis informal, con xogos que impliquen aos nenos/as e aos seus familiares, con actividades que nos fagan percorrer as aulas, coñecer materiais e familiarizarnos cos demais, adultos e nenos/as.
Os/as educadores/as deben manter certas pautas para este período
de adaptación: adaptarse as necesidades específicas de cada neno/a, ser
flexibles nos horarios, adecuar os espazos e materiais, adoptar unha actitude
afectiva, receptiva, tranquilizadora, ao mesmo tempo que firme e clara,
escoitar e observar.
Os obxectivos principais que vamos a perseguir son:
Favorecer a adaptación do neno/a ao novo contexto dun modo positivo, creando un clima de seguridade e afecto que facilite o seu desenrolo.
Favorecer a interrelación entre os nenos/as de forma paulatina e sen conflictos.
Posibilitar a interacción e o intercambio de información entre os diferentes elementos persoais que interveñen no proceso educativo.
Teremos
unha primeira reunión coa familia e co/a pequeno/a, que servirá para
presentarse, coñecerse, observarse, compartir información sobre o/a cativo/a,
para esclarecer dúbidas da familia, do/a pequeno/a e da educadora e para un
primeiro contacto coa Escola. Esta primeira entrevista farase no
despacho, onde existe un pequeno rincón dedicado aos nenos (alfombra, xoguetes
e libros) para que o/a neno/a poida sentirse máis tranquilo. Trala entrevista,
levarase a familia e o/a neno/a a coñecer a escola, de xeito pausado, parándose
en cada espazo para q poida explorar e familiarizarse, e facendo unha parada
especial e máis longa na súa aula, onde se lle explicará cada rincón existente.
O seguinte paso, será a programación dun día para reunirnos todos, de forma máis informal, con xogos que impliquen aos nenos/as e aos seus familiares, con actividades que nos fagan percorrer as aulas, coñecer materiais e familiarizarnos cos demais, adultos e nenos/as.
Por último.....vamos, COLLEDE A MOCHILA....que chegamos tarde ao noso primeiro
día de clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario