Pasos paseniños
….o tempo, ese que sempre parece apremiarnos, ese que non
valoramos e/ou aproveitamos cando o temos, e que nos falta tantas veces,…..desculpa
en moitas ocasións, realidade en outras, fai que este proxecto non tivera lugar
moito antes e se inicie agora cunha finalidade pero coa esperanza e intención
de continuidade.
….as ganas de coñecer os porqués , as actitudes, as características, os comportamentos, os sentimentos,...as ganas de adquirir ferramentas para axudar a outros seres humanos e coñecerme mellor a min mesma…..foi o que me levou á psicoloxía,…, e aínda que nun principio quería encamiñar a vida profesional e persoal por uns derroteiros, o tempo, a vida, as expectativas, as experiencias e os meus pasos, fixeron que tivera a oportunidade de coñecer pequenos e pequenas maravillosos, de compartir tempo e experiencias con eles/as e de que puidera participar na súa educación e eles na miña.
A partir de entón souben que éste era o meu sitio, que
non hai nada mellor que poder aportar, que poder participar na educación e que
poder deixar a túa pegada na construción do seu futuro.
....o meu futuro……as súas pegadas
No hay comentarios:
Publicar un comentario