jueves, 6 de marzo de 2014

Recursos materiais necesarios


            Aquí temos que mencionar por un lado os recursos e materiais de información: folletos, cartas aos pais, rexistros, entrevistas, calendarios da entrada gradual,…. e os recursos da aula: materiais específicos de cada recuncho e os materiais empregados nas actividades e xogos.
            Todos os materiais que se encontran dentro das zonas establecidas na aula (bloques de madeira, contos, alfombra, puzzles,…), así como aqueles empregados nos xogos e actividades (cartulinas, pintura de dedos, cores, folios, imaxes, fotos, cd, televisión,…)  deben ter as seguintes características: ser seguros, resistentes, duradeiros, facilmente lavables e hixiénicos, de fácil manexo e utilización autónoma por parte do/a neno/a, ser axeitados para nenos/as de 1 a 2 anos, cubrir os obxectivos educativos propostos, ser atractivos, de diferentes texturas, tamaños, cores, ter sons,..
            Tamén debe cumprir unha serie de valores:
Funcional (cumprir diversas funcións).
Experiencial (ofrecer diferentes experiencias e posibilidades de acción).
De estruturación (servir para estruturar e organizar o coñecemento do/a neno/a).
De relación (ofrecer a posibilidade de establecer relacións afectivas co material, con outros/as nenos/as e cos adultos).


Organización dos espazos


    Cando nos puxemos a organizar os espazos na Escola pensamos o importante que era ter en conta as características e necesidades xerais dos/as nenos/as:

ü  Afectivas:  creando espazos que sirvan de puntos de referencia, íntimos, cómodos, agradables e acolledores para darlles seguridade e estabilidade.
ü  As de movemento: con espazos libres para poder desprazarse e desenrolar as destrezas motrices.
ü  As cognitivas e comunicativas: con elementos e obxectos decorativos, divertidos e alegres, de cores vivos e diferentes, que faciliten a comunicación e a aprendizaxe, a actividade experimental  e de exploración, a autonomía, a capacidade imaxinativa e a creatividade.

…..e por suposto non nos esquecemos daquelas características e necesidades particulares de cada pequeno/a.

A estas idades necesitan zonas que lle permitan cada vez un movemento máis autónomo e preciso.

¿ Queredes saber os recunchos cos que conta a vosa aula? Pois atentos/as porque aquí están:
ü  Recuncho de lectura
ü  Recuncho do movemento
ü  Recuncho do xogo simbólico
ü  Recuncho de manipulación e exploración
ü  Recuncho de aseos e cambio de cueiro
A distribución que establecemos por zonas ou recunchos, axuda a impoñer xa dende un comezo os primeiros límites de forma sutil e lóxica. A disciplina irase convertendo en autodisciplina.


Organización do tempo


     O tempo na escola debe ser un axente motivador e estimulador da aprendizaxe, polo que a súa planificación  atenderá a unha intención educativa.

     Na organización do tempo interveñen moitos factores: as características de cada neno/a, as características do
grupo, a duración da xornada, as necesidades biolóxicas,...
       Unha boa organización temporal require: flexibilidade para adecuarse aos ritmos, estar en relación coas necesidades dos alumnos, e respectar os ritmos biolóxicos.

    Pero é imprescindible establecer uns horarios e unhas rutinas, xa que esto axuda aos nenos/as a ter uns marcos de referencia espacio-temporales que lle proporcionan seguridade.

     Para favorecer a adaptación, en "Pegadas" optamos por establecer un período inicial de dúas semanas, nas  que se establece un horario inferior á xornada completa, para que o/a neno/a vaia asumindo o que supón estar un período determinado fóra da súa familia. 
    A primeira semana acudirá dúas horas, e a segunda catro, para despois continuar coa xornada completa.

     A entrada dos/as pequenos/as farase de forma escalonada a primeira semana. Vanse incorporar de forma progresiva, así cada día, entrarán cinco nenos as dúas primeiras horas e outros cinco nas dúas seguintes, intercambiando os horarios a mediados da semana. 
     Na segunda semana, xa entrará todo o grupo xunto.




O primeiro día de clase pediremos que algún familiar acompañe ao neno á escola. 
Hoxe haberá escola para todos!!!!!!!!!!!!!!!! na sala multiusos. 
 Ao chegar serán recibidos pola educadora de referencia, que será quen estea presente e dirixa a clase en todo momento. Pedirá a cada familiar que se sente co/a seu pequeno/a, explicaralles cómo vai transcorrer o día, e para escenificalo contaralles o conto  “Paula vai á escola”  e despois proporá un xogo de presentación, como o seguinte:
ü  O/A educador/a colle unha pelota e lánzaa a un dos familiares, que ao recollela ten q dicir o seu nome e o do seu fillo/a.
            Ao acabar, explicaralles de novo que é o momento de ir para a aula, irán saíndo de cara a clase e pediráselles q se despidan dos pais q teñen q marchar, poñerase música e daremos tempo para a despedida, sen presas.
             Isto terá lugar o primeiro día durante unha hora.
         Nos días seguintes,  levaranse a cabo unha serie de rutinas: colgar os abrigos, despedirse dos familiares, entrar na aula, pedir que se senten  todos no recuncho de lectura, repasar con eles a lista de asistencia, lectura do conto “Paula vai ao cole”, actividade/xogo para decorar a aula    (por exemplo: pintar un taboleiro grande con forma de escola, e pedir que traian fotos tamaño carné para colocar nel, colgarase na aula, e servirá para ir mirando ao pasar lista, para axudar a que os/as nenos/as asocien cada cara co nome; empregar pintura de dedos para pintar diferentes debuxos de animais e pegalos nos percheiros e nas cadeiras, así identificarán os seus sitios, polo animal que escollen e pintan;….),  descanso con música e muda, media merenda e xogos/actividades  que nos guiarán por toda a escola e cancións de despedida.
Na segunda semana,  como xa expuxemos,sumaranse dúas horas á estancia, entón a maiores das rutinas xa mencionadas, terá lugar o xogo libre e a saída ao patio.







Historias por vivir e por contar dunha Escola Infantil “ PEGADAS”

O meu primeiro día

    Houbo e haberá moitos primeiros días ó longo da nosa vida; no cole, no instituto, na facultade, no traballo, na relación cun novo grupo de amigos,…e en todos buscamos sentirnos acollidos, queridos e integrados para poder desenvolvernos e medrar.

   Detalles mais, detalles menos, a maioría recordamos a nosa primeira vez no “cole”: por imaxes, palabras, situacións gardadas na nosa memoria, anécdotas que nos relatan nosos pais; choros, abrazos, medos, extrañeza, desconfianzas,…,pero tamén sorpresa, risas, novidade, xogos, iguais para xogar,….

   Tendo en conta as nosas experiencias, e todo o que vamos aprendendo e asimilando sobre as necesidades, reaccións e características dos/as nenos/as, dos/as educadores/as e dos/as familiares, procuraremos que a entrada á nosa Escola Infantil atenda de forma eficaz todos os aspectos posibles, para que 


“Ir ó cole” se faga cun sorriso.


     O primeiro é ter presente que o inicio na Escola infantil supón cambios tanto para para os/as nenos/as ( un novo horario, espazos descoñecidos e que non dan seguridade, saír do seu entorno e afectos, separarse de persoas significativas, coñecer a outros adultos e a outros iguais e relacionarse por imposición con outros nenos e nenas) como para os pais (a separación do seu fillo/a, o compartir a educación do seu fillo cunha persoa descoñecida e a adaptación a una nova situación na súa vida). Por elo dende a Escola queremos que todos eses cambios teñan lugar de forma paulatina e agradable e que dean lugar a sensación de seguridade e de tranquilidade, que os cambios se vexan como positivos por parte de todos/as os participantes nesta nova etapa.
    Para comezar con bo pé, aquí tedes un primeiro contacto, que axudará a que no momento en que vos unades á nosa gran familia, non se vos faga tan raro camiñar ó noso carón.



      Esto é só un plano,  é impresionante ver as CORES, as TEXTURAS, as aulas, os materiais, os XOGUETES,o persoal, … ..todo está mimado e organizado con detalle.




Período de adaptación de 1 a 2 anos

Os obxectivos principais que vamos a perseguir son:

    Favorecer a adaptación do neno/a ao novo contexto dun modo positivo, creando un clima de seguridade e afecto que facilite o seu desenrolo.
                 
      Favorecer a interrelación entre os nenos/as de forma paulatina e sen conflictos.

   Posibilitar a interacción e o intercambio de información entre os diferentes elementos persoais que interveñen no proceso educativo. 


     Teremos unha primeira reunión coa familia e co/a pequeno/a, que servirá para presentarse, coñecerse, observarse, compartir información sobre o/a cativo/a, para esclarecer dúbidas da familia, do/a pequeno/a e da educadora e para un primeiro contacto coa Escola.  Esta primeira entrevista farase no despacho, onde existe un pequeno rincón dedicado aos nenos (alfombra, xoguetes e libros) para que o/a neno/a poida sentirse máis tranquilo. Trala entrevista, levarase a familia e o/a neno/a a coñecer a escola, de xeito pausado, parándose en cada espazo para q poida explorar e familiarizarse, e facendo unha parada especial e máis longa na súa aula, onde se lle explicará cada rincón existente.


     O seguinte paso, será a programación dun día para reunirnos todos, de forma máis informal, con xogos que impliquen aos nenos/as e aos seus familiares, con actividades que nos fagan percorrer as aulas, coñecer materiais e familiarizarnos cos demais, adultos e nenos/as.

  Por último.....vamos, COLLEDE A MOCHILA....que chegamos tarde ao noso primeiro día de clase.




   Os/as educadores/as deben manter certas pautas para este período de adaptación:  adaptarse as necesidades específicas de cada neno/a, ser flexibles nos horarios, adecuar os espazos e materiais, adoptar unha actitude afectiva, receptiva, tranquilizadora, ao mesmo tempo que firme e clara, escoitar e observar. 




Pasos paseniños

.principiante e inexperta dentro deste mundo……, con  moitas ganas, ideas e ilusións …..


….o tempo, ese que sempre parece apremiarnos, ese que non valoramos e/ou aproveitamos cando o temos, e que nos falta tantas veces,…..desculpa en moitas ocasións, realidade en outras, fai que este proxecto non tivera lugar moito antes e se inicie agora cunha finalidade pero coa esperanza e intención de continuidade.


….as ganas de coñecer os porqués , as actitudes, as características, os comportamentos, os sentimentos,...as ganas de adquirir ferramentas para axudar a outros seres humanos  e coñecerme mellor a min mesma…..foi o que me levou  á psicoloxía,…, e aínda que nun principio quería encamiñar a vida profesional e persoal por uns derroteiros, o tempo, a vida, as expectativas, as experiencias e os meus pasos, fixeron que tivera a oportunidade de coñecer pequenos e pequenas maravillosos, de compartir tempo e experiencias con eles/as e de que puidera participar na súa educación e eles na miña.



     
     
      A partir de entón souben que éste era o meu sitio, que non hai nada mellor que poder aportar, que poder participar na educación e que poder deixar a túa pegada na construción  do seu futuro.





....o meu futuro……as súas pegadas